Impresión autoservizo – Campus na nube

Impresión autoservizo

boton-04  boton-05 3404

Prezos

Branco e negro 0,02 €
Cor 0,15 €
Escaneado 0,02 €

Con este novo sistema, facilitámosche a impresión de documentos dende calquera sitio, en calquera momento, utilizando a máxima calidade dos equipos profesionais e a un prezo sen competencia.

Podes enviar o teu traballo cando queiras, e no momento que te atopes diante dunha máquina, seleccionar o traballo, ver o custo, e se o aceptas, imprimilo.

Se o que queres é fotocopiar, escanear ou imprimir desnde un USB, tamén poderás facelo en calquera máquina.

Preguntas Frecuentes

Onde están situadas?


Campus Vida
Nas Facultades de Química, Dereito, Relacións Laborais, Políticas, Farmacia, Bioloxía, Matemáticas, Óptica, Física e Ciencias da Educación ademais na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Biblioteca Concepción Arenal e nas Residencias do Monte da Condesa ó Fonseca e na Casa Gradín.

Campus Histórico
Nas Facultades de Historia, Filosofía, Odontoloxía e Medicina e na Biblioteca Xeral.

Campus Norte
Nas Facultades de Ciencias da Comunicación, Filoloxía, Económicas e Enfermaría, así como na residencia Burgo dás Nacións.

O teu «usuario USC» e o nombre do teu correo electrónico da USC até o @, non escribas «@usc.es»)

Darse de alta

  • Achega a túa tarxeta TUI ao punto vermello do frontal da máquina
  • Introduce na pantalla:
    • o teu usuario (o teu correo electrónico da USC até o @, non escribas «@usc.es»)
    • a túa chave de correo
  • Aceptar

As próximas veces xa non será necesario escribir as túas claves, con pasar o cartón será suficiente para utilizar calquera máquina.

Dúas formas de recargar o teu saldo

  • Nos locais de Campus na nube
  • Na pasarela de pago da nosa web en «área de usuario»

A tarxeta TUI soamente se utiliza como método de identificación, non como monedeiro electrónico.

Dúas formas de imprimir

  • Subindo os arquivos desde a nosa web e pasandoos a recollelos en calquer máquina
  • Ou achégate as nosas máquinas cos arquivos PDF nun USB

Para recoller o teu traballo necesitas o teu usuario ou a túa tarxeta TUI, ao pé da máquina que desexas

Cando se paga?

O sistema informará o custo do teu traballo enviado a imprimir, dependendo da súa tipoloxía, número de páxinas, cor ou branco e negro, unha ou dúas caras? O feito de enviar un traballo a imprimir, non implica que se desconte o custo do teu saldo, soamente cando te identifiques nunha máquina autoservizo, e aceptes a impresión, cobraráseche o importe.

Onde podo ver o estado da miña conta?

Na nosa plataforma poderás realizar todos os procesos que necesitas, ver o teu saldo e recargalo, ver os traballos pendentes de impresión e o teu histórico de traballos.

Que pasa se a máquina se atasca?

Hai un servizo de asistencia técnica exclusivo para as máquinas de autoservizo. Chámanos e alguén se achegará para axudarte. En caso de atasco ou avaría da máquina cando está en proceso de impresión, o sistema identificará o teu traballo e non o cobrará.

Onde está o meu traballo?

Cando envías un documento, almacénase nun servidor de impresión durante 72 horas. Se non o liberas nunha das máquinas, borrarase do noso sistema e terás que envialo de novo.

Unha vez que imprimes o teu traballo, borrarase do noso sistema.

A información atópase cifrada e ninguén pode ver nin imprimir un traballo sen a túa autorización.