EMPRÉGA-T

Estes días estamos regalando unha carpetilla cando recolles os apuntes, as fotocopias ou as túas impresións nos nosos locais de reprografía de Santiago de Compostela. Esta carpetilla diseñámola para a campaña de promoción do programa EMPRÉGA-T. Un programa formativo que busca potenciar o teu talento con tres tipos de actividades: FÓRMA-T, ADÉSTRA-T e RELACIONA-T.

 

Tés toda a info en: https://www.empregate.usc.es/

Cadernos con moita vida!

Cubertas realizadas con fotografías de restos de carteis que se conseguiron vagando por Santiago de Compostela, logrando un estalido de cor única.

Deseño exclusivo.

Cadernos con moita vida!!
Só as atoparás en Campus na nube.

Cadernos

Libretas mandala

Nada máis exclusivo que facelo ti.
Este caderno, está pensado para que poidas personalizar a mandala (que está debuxada a man alzada por Natalia R. Juan), coloreándoa como queiras.

Cadernos exclusivos de Campus na nube, só nas nosas tendas.

Libretas mandala

Libretas mandala

Libretas mandala

 

Cuberta para tese da USC

En Campus na nube, deseñamos a cuberta para as teses da Universidade de Santiago de Compostela.

Para este traballo, realizamos un sistema moi intuitivo, baseado nun formulario de PDF que paso a paso, leva ao usuario a cubrir todos os datos necesarios da cuberta.  Ver.

Cubierta para tesis de la USC

Historia da informática na USC


Produción e deseño da exposición “Historia da informática na USC” da Universidade de Santiago de Compostela, que pode visitarse de martes a domingos en horario de 12:00 a 20:00 h. no antigo comedor de Fonseca.



Os paneis foron impresos en Lyxprint 19 mm, un material que pode estar apoiado en posición vertical sen arquear nin alombar.


Deseñamos uns pés metálicos especiais para este material.

 

Mirando a cidade

Cubierta catálogo exposición «Mirando a cidade»

Produción de fotografías para a exposición e deseño do catálogo «Mirando a cidade» de Fotoforum Compostela.

Tiñamos o encargo de inserir un mapa ao final do catálogo para localizar as fotos, e pensamos nun sistema de mapas para xeo-localizar o lugar onde se realizou cada fotografía.

Xeramos un mapa que permite situarnos no sitio exacto que se mostra en cada fotografía, ademais, así podemos contabilizar as veces que se consultan as localizacións e obter información.

A este mapa chégase mediante a inserción de códigos QR, tanto no catálogo como nas cartelas das propias fotografías que engaden información sobre o autor das mesmas.

O catálogo finalmente, imprimiuse na Indigo 10000 en papel estucado de mate de 150 gr.

A produción das fotografías da exposición fíxose na Epson 9900 sobre papel Satin Baryta de Canson Infinity

Página de catálogo exposición «Mirando a cidade» en la que se puede ver el resultado del código QR