Os exames xa están aquí…

Recordades aquela marabillosa época de setembro cando empezaba o curso e os exames quedaban aínda moi lonxe? Que ben o pasabades os xoves de festa sen máis preocupación que a de se o venres habería suficiente auga na casa para pasar o día!

Sinto ser eu a que vos dea as malas noticias, pero decembro xa está aquí e, ainda que está claro que é o mes favorito de Abel Caballero, tamén é o mes máis temido para os estudantes universitarios, OS EXAMES XA ESTÁN AQUÍ!

Como afrontar esta terrible época de estrés, insomnio e, sobre todo, nervios? Aquí van algunhas claves:

Non entremos en pánico

A todos nos pasou, empezas setembro con moita ilusión de que este ano imos levar todo ao día e que non nos vamos a encher en decembro (e non solo de polvoróns e turróns, se non de apuntes) pero, ao final pasan as semanas e chegamos a decembro con montañas de apuntes  que non tocamos máis que cando tivemos esa clase e aí quedaron, no esquecemento.

Que facer en eses casos?

Pois o primeiro: respirar fondo porque se nos vén movida e despois, clasificar os apuntes que valen para algo e os que apuntaches por apuntar.

Comprobar que teñamos todo o material a man

É moi típico que, cando se van acercando os exames, os grupos de WhatsApp estean cheos de notificacións con publicacións do estilo: tes apuntes desta materia? Alguén apuntou isto que dixo o profesor/a? PERO ALGUÉN ENTENDE ALGO DE ESTOS APUNTES? AXUDA!

Podes estar tranquilo/a se lle fixeches a pelota o/a listo/a da clase, sempre acabará pasándoche apuntes para fotocopialos e salvar o cuadrimestre grazas á xente traballadora que si que leva os apuntes ao día.

Tamén é importante localizar á xente doutros anos que che deixen voluntariamente os seus apuntes, se eles aprobaron, por que non vas a ter ti esa sorte tamén?

Orden para poñerte a estudar

Pode parecer unha parvada, pero axuda un montón coller o calendario de exames, ver como se presenta o asunto e de aí organizarse para estudar, sobre todo cando tes máis de un exame na mesma semana. Nun principio pode ser algo dramático ver todo o panorama que se che presenta diante, pero non te preocupes, se fas o calendario de horas e, sobre todo, se o cumpres, verás como seguro que che serve de moito.

Prepara litros de café

Sempre é necesario ter café (ou calquera outra cousa que che axude a poñerte as pilas) a man, porque despois de horas estudando seguro que te pos a ler os apuntes e nin sabes o que estás a ler (que rabia da cando pasa iso!). É moi recomendable ter na casa (ou na biblioteca, onde sexa que estudes) algo de café cerca. Aínda que solo sexa para dar un paseo ata a cociña ou a máquina de café e así despexar un pouco a mente.

Non te encerres todo o día na casa para estudar!

É moi abafante ver a morea de material que tes que estudar e o pouco tempo que tes, pero se te encerras a estudar todo o día, vas a acabar demasiado saturado/a e non vas a entender nin o que estás lendo.

Ao final vas a estudar para nada!

É mellor que saias da casa (ou da biblioteca) e deas una volta pola rúa, aínda que non che apeteza porque está chovendo, xa que así polo menos vaiche dar un pouco de aire fresco na cara e despexas un pouco a cabeza que seguro que xa está aturulada de tanto estudar.

Fai o posible por durmir, insensato/a!

Isto é o máis típico que escoitei durante todos os meus anos de carreira na época de exames: onte non durmín nada porque estiven estudiando toda a noite e agora morro de sono!

Resultado: suspenso.

Aínda que creas que estudando toda a noite vas a conseguir estudar máis, seguramente che sirva para que todo o que estudaches durante toda a semana se che esqueza en canto teñas o exame diante por falta de descanso (creme, non é a primeira vez que me pasa).

Igual es coma min, unha persoa á que lle costa durmir as noites antes dos exames por medo a non chegar a ese tan desexado 5.0, pero non te preocupes! Sempre podes tomar algunha infusión para calmar os nervios, relaxarte e así axudarte a durmir.

Cando vexas que o exame é caso perdido: reza.

Aínda que non sexas crente, pode funcionar, así que apunta este consello por se hai sorte, que nunca se sabe. Igual ao/á profesor/a vaiselle a cabeza e súmache puntos de máis ou aproba a todo o mundo.

 

Sexa como sexa, xa sabes que os servicios de fotocopia de Campus Na Nube están dispoñibles para vós nas vosas facultades ou facultades cerca da vosa. Ademais, co servizo “Meu Petiño” podedes acumular saldo co que poderedes aforrar uns cartos en futuras fotocopias.

Tampouco entredes en pánico, en todas as tendas dispoñemos de unha gran variedade de bolígrafos para que poidas escribir os tus exames con unha letra magnífica e así poder rascar algún puntiño extra, aínda que sexa por unha boa redacción. Tamén dispoñemos de panos de papel para secar as túas lágrimas en caso de que a cousa non saia ben.

E o máis importante! Nas tendas dispoñedes de todos os apuntes que van deixando os teus profesores/as para fotocopiar que, por preguiza, non fotocopiaches antes. Tamén está o resto de material docente que queirades, será por material que podes atopar!

En todo caso, moita sorte!