Mirando a cidade

Cubierta catálogo exposición «Mirando a cidade»

Produción de fotografías para a exposición e deseño do catálogo «Mirando a cidade» de Fotoforum Compostela.

Tiñamos o encargo de inserir un mapa ao final do catálogo para localizar as fotos, e pensamos nun sistema de mapas para xeo-localizar o lugar onde se realizou cada fotografía.

Xeramos un mapa que permite situarnos no sitio exacto que se mostra en cada fotografía, ademais, así podemos contabilizar as veces que se consultan as localizacións e obter información.

A este mapa chégase mediante a inserción de códigos QR, tanto no catálogo como nas cartelas das propias fotografías que engaden información sobre o autor das mesmas.

O catálogo finalmente, imprimiuse na Indigo 10000 en papel estucado de mate de 150 gr.

A produción das fotografías da exposición fíxose na Epson 9900 sobre papel Satin Baryta de Canson Infinity

Página de catálogo exposición «Mirando a cidade» en la que se puede ver el resultado del código QR